Laura [Galician translation]
Laura [Galician translation]
E hoxe que podo facerche unha canción
lembro cando chegaches
co misterio dos sinxelos,
os ollos inquedos, o corpo altivo;
e co riso dos teus dedos
enchiches os meus acordes
con cada nota do teu nome, Laura.
Éme tan difícil lembrar
cantos escenarios sentiron
a nosa anguria polo hoxe,
a nosa ledicia polo mañá...
Na casa, entre tantos compañeiros,
ou nun triste exilio alén mar,
nunca faltou o teu alento, Laura.
E se o azar te leva lonxe,
que os deuses che garden o camiño,
que te acompañen os paxaros,
que te aloumiñen as estrelas;
e nun recuncho desta voz,
mentres poida facela ouvir,
estará agochado sempre o teu son, Laura.
- Artist:Lluís Llach
- Album:Campanades a morts (1977)
See more