Ella y yo [Galician translation]
Ella y yo [Galician translation]
Ela e mais eu
Dous tolos vivindo unha aventura castigada por Deus
Un labirinto sen saída onde o medo se converte en amor
Somos o seu marido, ela e mais eu
A miña esposa e mais eu
Igual ca vos compartimos na vida un eterno amor
A dama perfecta, toda unha beleza, ela é a miña inspiración
Somos feliz ela e mais eu (ela e mais eu).
Amigo, ela e mais eu
Sós vémonos a escondidas para afogar esta prohibida pasión
E aínda que ten dono, eu só teño un soño, ser o seu protector
Somos o seu marido, ela e mais eu.
Oe Don, loita por amor!
Non me aconselles na túa posición!
Quizais o seu marido non mande no seu corazón!
Non sabes quen é vítima nesta confusión.
Oe miña pana, loita por amor!
Non, non me aconselles na túa posición.
Quizais ese tipo non mande no seu corazón!
Ti non sabes quen é vítima nesta confusión.
A miña esposa e mais eu, somos felices,
dúas almas matrices, sei o que é o amor,
por iso enténdoche e aínda que sexa casada non te afastes por temor,
non o fagas Don, oh non non nooon.
O meu amigo, ela e mais eu,
tiñamos claro que era unha tolaría esta relación,
mais a carne nos chamaba, e o leito nos facía unha invitación,
a só facer o amor.
Ai, xa te expliquer,
cando hai persoas que se aman o amor ten que vencer,
e que o marido entenda que perdeu a súa femia, agora é a túa muller,
non poden gañar os tres.
E repítoche, loita por amor.
Non, non me aconselles na túa posición.
Quizais ese tipo non mande no seu corazón!
Ti, non sabes quen é vítima nesta confusión.
Non sexas tan parvo, loita por amor!
Amigo, pido perdón, eu nunca te fallei,
taicionáronme as ganas de volvela a ver,
e aínda que aínda non podo crer,
o que este amargo encontro me fixo comprender
pois ti tamén chegaches a ese lugar,
onde tantas veces eu funa a procurar, e aínda que
non é doado o que vou facer
admitirei que saín coa túa muller.
Saín coa túa muller.
Que?
Saín coa túa muller.
Nin, eu non estou crendo isto.
Saín coa túa muller.
Non, non.
Saín coa túa muller.
Que che perdoe Deus, eu non o vou facer,
perdínvos aos dous á mesma vez,
xa que todo era mentira cando ela me dicía
que marchaba para Porto Rico a vacacións coa súa amiga,
mentiume,
ti e ela nun leito, allá en Baiamo,
quizais na Illa Verde ou Carolina, cantos hoteis ensuciou,
ti tamén, ódiovos aos dous.
Romeo entende
que eu son que máis sufro con todo iso, mátame a dor.
Foi unha traición!
Perdín un amigo pola tentación.
Perdón.
Adeus!
- Artist:Aventura
- Album:God's Project