Ata onde vou [How Far I'll Go] lyrics
Ata onde vou [How Far I'll Go] lyrics
Dende sempre estou na beira da praia,
esculcando o horizonte,
sen coñece-la razón.
Quero se-la filla perfecta,
mais a pesar dos esforzos
o levo no corazón.
Adiante, atrás,
arredor de min,
todo son sinais
que podo advertir,
vólvenme levar
ó mesmo lugar
onde quero ir.
Hoxe a liña onde o ceo e o mar se xuntan
chama por min,
xa o entendín.
E se o vento mareiro que sopra me axuda
hei descubrir
o que agora é unha incógnita para min.
Xa sei, toda a xente nesta illa
vive desfrutando a vida,
todo o mundo é moi feliz.
Sei que toda a xente nesta illa
ten o seu cometido
á hora de contribuir.
Podo liderar,
podo dirixir,
asumi-la miña misión ó fin,
pero esa voz
canta outra canción.
¿Que anda mal en min?
Hoxe a liña onde o ceo e o mar se xuntan
vaime dicir
por onde ir.
E parece chamarme de maneira incesante.
Hei descubrir
que hai máis aló,
xa me quero ir.
Hoxe a liña onde o ceo e o mar se xuntan
chama por min,
xa o entendín.
E se o vento mareiro que sopra me axuda
hei descubrir
ata onde vou.
- Artist:Non/Disney Fandubs
- Album:How Far I'll Go